Voltarás

sabado 12 novembro 2016

    Voltarás, e non porque eu cho pida. Porque despois de soñarme varias veces e  de espertar con gañas de min, o teu corpo pediralle á túa mente que me tomes.
    Voltarás, e buscarás o momento adecuado. Igual de maquillada, pero vestida máis suxerente. Cando saibas que non haxa ninguén que nos moleste.
    Voltarás, e dirasme que che acompañe ao teu piso, cunha escusa que non necesitarás dicir, porque irei sen pensalo. Invitarasme a unha bebida, que nin sequera probarei.
    Voltarás, sentarás ao meu carón e bicarasme, así, sen explicacións, só con desexo, paixón, fame. Espirasme con ansia, e alí mesmo foderasme. Si, foderasme.
    Voltarás, e despois de corrernos, quedaremos espidos no sofá, co desexo saciado por un rato. E xa pensando na seguinte vez.
    Porque sempre voltarás, Yasmina. Non intentes negarcho, sabés que sempre voltarás.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado