Inventos do futuro. V. Dispositivo de memoria integrado

martes 01 novembro 2016

    O Dispositivo de memoria integrado (IM) é unha pequena cápsula (5x3x1 mm) que se coloca no cerebro do usuario a traverso dunha pequena incisión detrás dunha orella. O dispositivo intégrase coas neuronas de tal xeito que case chega a ser absorvido polo encéfalo.
    Unha vez se completou o proceso de integración, pódense introducir pola incisión tarxetas de memoria, que quedarán na consciencia do usuario como recordos indistinguibles dos reais mentres a tarxeta estea introducida na ranura. Unha vez retirada, os recordos permanecerán pero de xeito non tan intenso (coma unha lección aprendida tempo atrás).
    O IM remata coa educación memorística, e fai que calquera ser humano sexa capaz de resolver calquera tipo de problema incluso de alta complexidade. A educación tal como se entendía ata a aparición do IM desaparece por completo coa súa xeneralización, supoñendo a máis grande revolución da Historia da Humanidade.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado