Inventos do futuro. IV. O dispositivo móbil integral (IMD)

mércores 12 outubro 2016

     O dispositivo móbil integral ou IMD é un aparello inalámbrico do tamaño da palma da man que permite levar a cabo tarefas de comunicación (videochamadas, chamadas de voz, mensaxes de texto), información (consultar xornais, enciclopedias, blogs, etc), comerciais (compra-venda),  e controlar tantas accións cotidianas como se queiran: calquera elemento da casa (electrodomésticos, persianas, luces, ...) ou do traballo (robots, ordenadores, impresoras, etc.) pode ser controlado con este artefacto de xeito tremendamente sinxelo, habitualmente coa voz do usuario. Permite tamén controlar automóbiles autónomos e drons.
    Pode levar a cabo as súas tarefas instantaneamente ou de xeito programado. A información transmítese vía satélite, co cal a súa cobertura é mundial.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado