Inventos do futuro. III. A proxección holográfica (hopro).

xoves 06 outubro 2016

     A proxección holográfica consiste nunha proxección tridimensional de imaxes sen necesidade dun soporte físico, ou sexa, a proxección lévase a cabo no aire, non hai necesidade dunha pantalla. Tanto se pode usar para a visualización de películas como para a comunicación directa entre dúas persoas.
    No eido do cine e da televisión supuxo unha revolución só comparable coa aparición do cine sonoro. E nas comunicacións, supuxo a desaparición dos teléfonos fixos das casas, tan comúns en todo o mundo dende primeiros do século XX ata a xeralización da hopro, arredor do 2030.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado