Baleiro nº 8

martes 04 outubro 2016

     Yoli foi a muller que máis se esforzou por conseguirme. Deixou ao seu mozo. Foi a todas as praias da redonda e pateounas de cabo a rabo ata que me atopou nunha. Entó voltou a ela todos os días e fixo top-less por primeira vez na súa vida para min. Gastou uns aforros que tiña para ir a un festival en comprarme un pantalón de marca, que non se atrevou a darme.  Non foi de viaxe coas súas amigas para coincidir comigo unha noite de sábado. Foi varias veces a un bar onde se xuntaba o lumpen do pobo porque sabía que eu ía alí de vez en cando. Foi todos os días dun verán a estudar á biblioteca para facerse a encontradiza comigo.
    Tiña 18 anos. Agora ten 32, está casada cun adonis (non moi listo, todo  hai que dicilo) e cada vez que o pensa arrepíntese de ter feito tantas tonterías por min.
    Eu teño corenta e moitos, e arrepíntome de non terme dado conta daquela de todo o que aquela moza tan guapa, tan simpática estaba facendo por min.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado