Baleiro nº 5

sabado 01 outubro 2016

    Con Charo aprendín que hai xente que te chega aos poucos, que o físico non é o máis importante, que ser cobarde só leva á frustración, que existen persoas coas que nunca te poderás enfadar, e que hai momentos que cando os vives sabes que non poderás esquecer en toda a túa vida.
  
    Aínda teño unha cassette (si, aínda gardo algunha cassette) que ela me grabou, cunha adicatoria que me puxo tras moito insistirlle: "PARA TI, QUE TE LO MERECES TODO Y MÁS (no es cierto, pero era necesario poner algo)". Charo era perfecta. Penso a miudo nela. Pregúntome como sería a miña vida se aquela tardiña de outono en Lugo, despóis de espertar da sesta, cando sentou ao meu lado na cama, eu tivera feito o que o corpo, o corazón e o cerebro me berraban, e que non fixen.

    Logo viñeron momentos amargues, enfados, despedidas para sempre e reencontros felices. E agora anos de separación.

    Non fixen aquel serán en Lugo, e agora non teño direito a queixarme.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado