Baleiro nº 4

martes 27 setembro 2016

     Marina é "A moza que subía polo Toural". Pouco máis que o que dixen naquela publicación teño que dicir, Só que en realidade comezoume a gustar antes de coñecela, cando as súas amigas me contaban as súas rarezas, a súa forma de non estar neste mundo e ser feliz no seu propio. Creo que foi a única vez na miña vida que tiven gañas de coñecer a alguén polo que me contaron del (e iso que o que me dicían non quería ser algo positivo). 
    Non falamos moito, pero mirámonos moito aos ollos. Teño unha foto con ela (e con trinta persoas máis) na última voda na que coincidimos. Míroa a miudo. Vouna ver agora mesmo.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado