Amor

martes 18 outubro 2016

    Xenaro e Lolita levaban casados 61 anos. Deles, os últimos 20 non tiveran nin unha conversa, e pasaban semanas sen dirixirse a palabra. Cando Xenaro foi para o hospital, Lolita sentiuse bastante liberada; por fín podería cociñar o que lle petara, sen tanto mirar a sal e as graxas e todas esas manías que se lle puxeran ultimamente. Cando Xenaro morreu, cinco días despois, e levaron a Lolita a ver o seu cadáver, quixo tocalo. Acariñoulle a pelada e botouse a chorar. "Que frío está, que frío. Aínda me facía moita falta, moita falta".






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado