A visita.

domingo 30 outubro 2016

    Quedara en vir aquela tarde, pero xa era hora de marchar e aínda non aparecera. Como tampouco fora unha cita en firme, dispúxenme a marchar. Xa estaba eu só cando timbraron na porta. Era ela. 
    Había seis meses ou máis que non a vía, e noteina cambiada. Parecía maior, xa non era aquela adolescente co pelo solto vestida de mallas e camisola frouxa. Ía non esaxeradamente arreglada, o pelo máis curto e lixeiramente maquillada. Sorriu moito pero con timidez. Démonos dous bicos e entramos no piso. Pechei a porta e dirixímonos á sá de reunións.
    - Xa ías marchar? -preguntou mentres miraba para todos os lados, como se buscase algo, ou simplemente recordando.
    - Si, pero agora case que vou quedar un chisco - rimos os dous.
    Falamos. A conversa fluía moi ben, cousa que me sorprendía. Non pensaba eu que tivese tanto de que falar cunha rapaza de 19 anos. 
    Nun momento dado, quitou o abrigo que levaba, deixando ver unha blusa de manga sisa cun escote  moi xeneroso.
    - Que guapa estás -dixen sen pensalo moito.
    - Gracias - sorriu timidamente e, mirándome de reollo, dixo- a verdade é que me puxen así para gustarche. A ti.
    - A min gustáchesme sempre. Xa o sabes.
    - Si. Pero hoxe quéroche gustar moito. Quero parecerche irresistible.
    Notei que a erección medraba no meu pantalón. Sentei fronte súa e collinlle as mans.
    - Pois lográchelo.
    Ela voltou sorrír e a mirarme de reollo. Esperou uns segundos, e faloume baixiño.
    - Quero que fodamos.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado