A realidade

domingo 06 novembro 2016

    A primeira vez foi romántico, unha noite de verán nunha habitación coas fiestras abertas de par en par. O vento sacudía lixeiramente as cortinas. Ti deixaches que che rodeasen e alí mesmo desabotoaches a blusa. Non levabas nada debaixo. Xogaches a enredarte e a desenredarte coa tela, mentres quitabas a roupa. Eu só miraba para tí. Ata que me fitaches e me ordeaches: Ven. Obedecín, claro.
    Despois todo foi moi ben. Eu fíxenche rir tanto que eras incapaz de negarme nada. Víasme tan atractivo que simplemente con rozarche calquera parte do corpo sentías calafríos. Algunha vez a electricidade foi tal que te espiches inmediatamente, pedíndome que che fodera alí mesmo.
     Viaxei contigo a paraísos tropicais. Tomamos o sol espidos en praias de area dourada e auga verde esmeralda. Fixemos o amor ali mesmo tenra e salvaxemente. Comigo aprendiches a gozar de praceres que crías que o teu corpo (e a túa mente) non che poderían proporcionar.
    Nunca poderás negalo. Eu fun, son, o home máis importante na túa vida.

    Nos meu soños, claro.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado